Pruebas: aviso no hay nada que leer

AFTER BURNER II

ALADDIN

ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE

ALIEN 3

ALIEN STORM

ALISIA DRAGOON

ALTERED BEAST

ANOTHER WORLD

ART ALIVE!

AYRTON SENNA’S SUPER MONACO GP II

BIO HAZARD BATTLE

BLOODSHOT

BONANZA BROS

CASTLE OF ILLUSION

CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION

COMIX ZONE

COSMIC SPACEHEAD

DAVIS CUP WORLD TOUR

DOUBLE DRAGON

DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN

DRAGON’S FURY

DUNE

DYNAMITE HEADDY

EARTHWORM JIM

EARTHWORM JIM 2

ECCO THE DOLPHIN

ECCO: THE TIDES OF TIME

EL REY LEÓN

EMPIRE OF STEEL

ETERNAL CHAMPIONS

F-22 INTERCEPTOR

FATAL FURY

FIFA INTERNATIONAL SOCCER

FIFA SOCCER ’95

FIFA SOCCER ’96

FLASHBACK

FLINK

GALAXY FORCE II

GAUNTLET IV

GENERAL CHAOS

GHOULS’N GHOSTS

GOLDEN AXE

GOLDEN AXE II

GUNSTAR HEROES

GYNOUG

INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE

JOHN MADDEN FOOTBALL ’92

JUNGLE STRIKE

JURASSIC PARK

LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS

LIGHT CRUSADER

LOTUS TURBO CHALLENGE

MERCS

MORTAL KOMBAT

MORTAL KOMBAT II

NBA JAM Tournament Edition

NBA LIVE ’96

NHLPA HOCKEY ’93

OUT RUN

QUACKSHOT

RISE OF THE ROBOTS

RISKY WOODS

ROCKET KNIGHT ADVENTURES

PROBOTECTOR

PGA TOUR GOLF II

RANGER-X

SENSIBLE SOCCER

SHADOW DANCER

SHADOW OF THE BEAST

SHINING IN THE DARKNESS

SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER

SOLEIL

SONIC

SONIC 2

SONIC 3

SONIC & KNUCKLES

SONIC SPINBALL

SONIC 3D: FLICKIES’ ISLAND

SPACE HARRIER II

SPEEDBALL 2: BRUTAL DELUXE

SPLATTERHOUSE 2

STREET FIGHTER II´ SCE

STREETS OF RAGE

STREETS OF RAGE II

STREET RACER

STRIDER

SUB TERRANIA

SUMMER CHALLENGE

SUNSET RIDERS

SUPER BASEBALL 2020

SUPER HANG-ON

SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS

SWORD OF VERMILION

TAZ-MANIA

TERMINATOR 2: THE ARCADE GAME

THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN

THE REVENGE OF SHINOBI

THE STORY OF THOR

THE TERMINATOR

THEME PARK

THUNDER FORCE IV

TMNT: THE HYPERSTONE HEIST

TOKI: GOING APE SPIT

TOY STORY

ULTIMATE MORTAL KOMBAT 3

VECTORMAN

VIRTUA FIGHTER 2

VIRTUA RACING

WHERE IN THE WORLD IS CARMEN SANDIEGO

WONDER BOY IN MONSTER WORLD

WORLD CUP ITALIA ’90

WWF SUPER WRESTLEMANIA

ESPECIALES 

EA Sports Series

Mega Graphics

Sound -On-

VS Mode

VS Mode (Round 2)

VS Mode (Round 3)

Pechado

Pois xa o dixen ao principio.. non sei canto duraría e agora atópome que o traballo me colle moito tempo (cando o iniciei non) e non podo actualizar como me gustaría, así que de momento se pecha o Blog. Non descarto reabrilo nuns meses, pero agora mesmo é o que hai. Saúdos e graciñas

Rexogando a Sonic: Master System: Sonic 1, Sonic 2 e Sonic Chaos

Xa levo rexogados estes Sonic e agora vou polos de Master System… e atopei diferenzas coas de Megadrive, tanto en concepto como en física do xogo.

O Sonic 1 de Master System o lembraba como un gran xogo e creo que o segue sendo, pero atopeille máis defectos dos que agardaba. É un Sonic distinto ao de Megadrive, non impera tanto a velocidade e os camiños a escoller… é máis pausado e ata máis variado nos tipos de fases, deixándome moi bó sabor de boca esa fervenza na que hai que subir e subir.

Como norma xeral non hai camiños opcionais nas fases, sendo todo bastante guiado, pero moi ben levado; é de momento o único Sonic que non permite escoller o camiño a seguir e ata certo punto hai fases que me lembran as de Mario. Outra diferenza cos Sonic das 16 bit é que as esmeraldas non se conseguen nos bonus (os bonus serven para conseguir vidas, continues ou puntos) senón que están espalladas polos escenarios, algunha agochada pero polo xeral fácil de atopar. Ademáis tamén ten diferenzas en que o último acto de cada fase e só o enfrentamento con Robotnik, sen aneis e sen facer prácticamente nada salvo un par de saltos para chegar onda robotnik. Pero a principal diferenza, xa o dixen, é o concepto das fases e a física do xogo: máis pausado e máis plataforma, pero cun Sonic máis liviano, ao que lle costa frear e sobre todo calibrar os saltos… e con zapatillas marróns.

Defectos ten o xogo, como que hai poucos inimigos nas fases e que parpadea máis do debido en fases onde hai varios inimigos, ademais de ser algo doado, pero creo que é un moi bó xogo e dignifica ao ourizo azul. Ademáisé algo curto.

O sonic 2 mellorou en todo ao Sonic nos aspectos técnicos (pero curiosamente eu creo que non en carisma): fases máis longas, as esmeraldas mellor agochadas, máis difícil, varios camiños a escoller, mellores gráficos e menos parpadeos da pantalla, varios vehículos a empregar… Xa é un Sonic máis cercano ao concepto de Megadrive, pero segue o esquema do Sonic 1 de Master System: a física é moi similar (por certo Sonic recupera os zapatos vermellos), sendo moi liviano Sonic (e as veces respondendo algo mal… quizais por iso ten máis carisma o primeiro), o terceiro acto de cada fase é só a loita contra o inimigo final (non sempre é robotnik), pero xa é máis rápido, máis Sonic. 

Por certo que a mín me pareceu como o máis escuro da saga de master system… pero gráficamente mellora en moito á primeira parte. Curioso é o dos vehículos, que son imprescindibeis para certas cousas e fases, pero sobre todo é curioso a Ala Delta… e a fastidiada esmeralda desa fase… quita de quicio a un (e iso que aínda lembraba onde estaba).

A conclusión é a de que é un bó xogo, pero tanto vehículo non me gustou tanto.

E respecto ao Sonic Chaos, pois creo que é case unha expansión do Sonic 2: gráficamente similar e o sistema de xogo e de fases tamén. As únicas diferenzas que atopei co Sonic 2 é que non hai ala Delta, os bonus para conseguir as esmeraldas e que manexas a Tails se queres.

Aquí as esmeraldas xa non están agochadas, senón que se conseguen nos bonus… o fastiadado do xogo é que para acceder a o mesmo tes que conseguir 100 aneis e o fas automáticamente finalizando a fase nese intre, co cal un pérdese varias fases e poden facer algo curto ao xogo. Por outra parte os bonus son variados e están ben, sendo algún bastante doado pero outros (o último) bastante difícil. Técnicamente creo que non cabe dúbida de que é o mellor, pero moi parexo ao 2. Outra cousa que non me gustou foi que hai moit anel nas fases, case a patadas.

Se non fose por ese detalle de finalizar a fase para ir ao bonus eu diría que é o mellor Sonic da Master System, pero creo que as tres partes están bastante ben, sendo a máis diferente a primeira en canto ao concepto.

 

Aladdin nas 16 bits

 

 

Aladdin, ademais dunha gran película de Disney, deu lugar a varios xogos de bastante interese. E digo varios xogos, porque polo menos eu xoguei a tres e os tres distintos entre si: megadrive, supernes e master system… sei que para Nes e para gameboy tamén saíron pero eu nunca os xoguei.

Hai que lembrar que na época das 16 bits os xogos de Disney (ou baseados en Disney) eran sinónimos de grande calidade (agora tamén os hai, dende o Kingdom Hearts ata o novo Epic Mickie)… e para min un dos mellores expoñentes é Aladdin, en especial a versión de Megadrive. Hai que indicar que a versión de Megadrive foi realizada por Virgin, a cargo de Dave Perry, e a de Supernes correu a cargo de Capcom. A razón de porqué dous estudos fixeron xogos sobre a mesma licenza débese a un tema xurídico-económico: resumindo Capcom contaba cos dereiros de Disney ata 1992, data da película, e ocurriu que fixo o xogo, pero como lle expirou a licenza Disney tamén lla vendeu a Virgin que fixo o seu xogo para a Megadrive.

APARTADO TÉCNICO

O apartado técnico en ambas versións está ben coidade. Graficamente raian a grande altura,  sendo moi fieis á película, pero destaca sobre todo o de Megadrive, que aínda que a consola ten menos paleta gráfica que a Supernes, soubo aproveitala moito mellor Virgin para este xogo, de tal xeito que parece que ten máis paleta que o de Supernes. Os sprites da supernes son grandes e coloridos, pero superados polos de megadrive… de todos xeitos ambos non desentonan se os xogos hoxe en día… e é que os gráficos de sprites sobreviviron moito mellor o paso do tempo que os poligonais das 32 bits. As animacións ben feitas, pero tamén gaña a Megadrive… como o fai tamén na ambientación e deseño en xeral do xogo.

Respecto ao son as melodías son divertidas, como non podía ser doutro xeito ao estar baseadas nas películas. Resulta de novo curioso que a versión de Megadrive volva a estar por riba, pero isto quizais é un pouco que a memoria me xoga unha mala pasada.

SISTEMA DE XOGO

Aquí é onde se ven que son dous xogos distintos. A versión de Supernes é un plataformas puro é duro, aínda coa posibilidade de lanzar algunhas mazás contra algúns inimigo. É dicir, avanzas lateralmente saltando dunha plataforma a outra es esquivando os obstáculos ou inimigos, intentando recoller xemas; é un bo xogo que cumple, pero para o meu gusto non deixa de ser un máis, sobre todo tendo en conta o catálogo de supernes con Mario, Donkey Kong, Yoshi´s Island, etc…. O bonus do xogo é unha ruleta que tampouco aporta demasiado en canto á diversión.

Na versión de Megadrive tamén nos atopamos cun xogo de plataformas lateral pero cun plus de acción: Aladdin, ademais de lanzar as mazás, ten unha cimitarra e pode atacar a inimigos de tal xeito que en moitas fases atoparás bastante acción, pero sempre con ese equilibrio coas plataformas. Incluso, en canto concepto plataformas está máis equilibrado que o de Supernes, sobre todo porque está mellor ambientado (hai algunha fase algo sosa na versión de supernes) e permite escalar. As xemas non daban directamente vidas senón que as podías cambiar por vidas ou por continues ante un vendedor ambulante que atopabas nas fases… había obxectos escondidos nas fases (ben escondidos) que permitían entre outras cousas facer os bonus, que aporta nunha das súas variedades (na outra non) a posibilidade de facer un minixogo de verdade.

As fases da alfombra son similares, pero de novo me gusta máis como se desenvolve na megadrive… pero é verdade que a de Supernes tampouco desentona.

DIFICULTADE

A versión de Supernes era máis doada e sinxela, que permitía ademáis passwords para empezar en determinada fase, polo cal se te atascabas nun salto non tiñas porque comezar de novo todo o xogo. A versión de Megadrive é complicada en xeral, pero non desesperante, logrando moi ben o equilibrio; permite avanzar no xogo, pero tes que ir con coidado e non podes ir ao tolo. Non obstante, hai algunha fase complicada, en especial o xefe final que a min me pareceu bastante complicado… coa frustación de que aquí non hai passwords e tes que comezar de novo dende o inicio.

CONCLUSIÓNS

Os dous xogos son bos, pero a versión de Supernes non deixa de ser un plataformas correcto e notable, mentres a versión de Megadrive é un xogo sobresaínte e que a min me parece do mellor do catálogo das 16 bits.

O mellor da versión de Supernes

-Técnicamente bó

-Sistema de paswords

O peor da versión de supernes

-A veces faise algo monótono

-O deseño dalgún nivel.

O mellor da versión de Megadrive

-Tecnicamente impecable

-O sistema de xogo

O peor da versión de Megadrive

-Que me quedei con gañas de máis

 

Valoración: Supernes 7/ Megadrive 10

ADDENDUM VERSIÓN MASTER SYSTEM

Aínda non o acabei e hai anos que non o xogo… pero graficamente é do mellor da Master System… e das 8 bits. A nivel xogable é variado pois hai fases onde tes que esquivar os obstáculos que che veñen e outros con fases de plataformas tipo o de Megadrive… hai moita variedade e é un bó xogo aínda que non é especialmente difícil, máis ben é fácil

 

 

Rexogando: Sonic 3 & Knucles

 

Avanzando vou cos Sonic, aínda que nas dúas últimas semanas ben pouco avancei, pero si o suficiente para rematar de novo o Sonic 3 e o Sonic & Knucles… aínda que ditos xogos se poden xogar por separado, realmente forman un conxunto polo que o fixen unido… para poder xogar con Knucles dende o inicio.

En canto á mecánica dos xogos seguen cunha evolución que considero boa dende o primeiro Sonic, pero non obstante o desenrolo da mecánica en certas fases e os bonus fan que para min sexa máis interesante o Sonic 2 a calquera dos Sonic dos que estou falando.

Agora xa se pode xogar con Tails ou Knucles (se tes o Sonic & Knucles) e non só con Sonic, pero ademais inclúense novos movementos especiais para cada un destes personaxes…. e tamén para Sonic para compensalo un pouco. As vantaxas de Sonic veñen sobre todo polo uso de técnicas cos escudos que pode ter (agora de varios tipos distintos con distintas habilidades: o escudo normal que che permite rebotar, o de lume que permite a Sonic covertirse nunha bola de lume, o eléctrico que permite atraer aneis e realizar un salto aumentado), pero a sensación é que se o teu obxectivo é simplemente compretar o xogo tanto Tails como Knucles ofrecen máis ventaxas: un permite voar (cun límite de tempo) o que facilita avanzar doadamente en certos puntos do xogo, e o outro permite planear e gabear polas paredes. É verdade que aparentemente son algo máis lentos que Sonic, pero iso non incide na experiencia dun só xogador posto que apenas o notarás. Realmente quedeime coa sensación de que Sega devorou ao seu propio fillo ao ofrecernos personaxes con máis ventaxas, pero é só unha impresión persoal.

En canto ás mecánicas dos saltos non atoparás diferencias cos anteriores Sonic e a física é moi similar (comento isto porque xa probei o Sonic 4 e dinme conta que a física é diferente, moi diferente) de tal xeito que non costa adaptarse se bes dun dos Sonic anteriores. E a física de salto é similar con calquera dos tres personaxes.

Os xogos, se ben en canto a número de fases máis ou menos son as de sempre, son bastante longos, pois a realidade é que os escenarios son xigantescos e con múltiples variedades. Así que tiven a sensación de que o xogo é longo, máis tendo en conta á unión con Sonic 3 & Knucles e que terá unha duración bastante considerable para ser un xogo de plataformas (e en especial na época).

Non me gustaron os bonus con esa bola esférica 3D que se vai acelerando… non me gustou e prefiero calquera bonus dos anteriores Sonic, en especial os de Sonic 2. Por certo, conseguín o Supersonic, pero non o Hypersonic (quedeime en 9 esmeraldas). Tampouco me gustou o xefe final… creo que se pervirte en algo o concepto de Sonic (non se salta…), pero igual son pijadas miñas.

Técnicamente me pareceron os mellores Sonic do que levo de momento, pero iso é normal, forma parte da evolución do xogo.

En fin, por non extenderme moito máis, ambos son bós xogos, unidos mellor todavía, pero persoalmente sígome quedando co Sonic 2 por algúns detalles, pero recoñezo que obxectivamente igual non é así. De todos xeitos sigo reafirmándome na idea de que Sonic non lle ten nada que envexar a Mario (salvo a duración… aínda que a unión de Sonic 3 e Sonic & Knucles nin iso) e incluso me gusta máis en moitos aspectos.

 

PD: que fea a portada de Sonic 3 versión USA!

Mega-lo-mania

 

 

Hai xogos que non contan con ningunha publicidade e que pasa desapercibido para moita xente, incluso para a propria prensa especializada, pero que resultan ser pequenas obras de arte. A primeira vez que me ocurriu foi cun xogo para a Megadrive chamado Mega-lo-manía, aínda que saíu para varias plataformas, orixinariamente para Amiga.

O xogo é de Sensible Software e é de 1991 pero para a Megadrive, que é versión á que xoguei, saíu un ano despois, distribuido por Virgin. Nas miñas mans caeu alá por 1994 cando mo deixara un amigo e cando o vin dixen: pero que carallo e isto (e perdón pola expresión). A súa portada era horríbel e nin sequera as imaxes da contraportada animaban moito. 

Cando o puxen e vin as primeiras imaxes tampouco mellorou a miña expresión: que introdución máis fea e que catro persoaxes para seleccionar. Pero xogueino e despois de comprender e asimilar a mecánica do xogo descubrín que era un moi bó xogo.

Trátase dun xogo de estratexia en tempo real e ten como argumento unha loita de catro deuses, dos cales seleccionas un, para dominar o mundo. E así intentarás avanzar polas diversas idades da humanidade (dende a prehistoria ata un futuro tecnolóxico, pasando pola idade media, entre outras) para conquerir as 28 illas distrubuidas en 9 fases, máis unha illa especial que é a décima e última fase.

O esquema do xogo consiste en que tes un certo número de persoas por época: 100. E deberás decidir ao inicio cantas usas nesa época e cantas deixas para as seguintes, tendo especial relevancia as persoas que deixas para a fase final. Pero afortunadamente esas persoas que usas poden reproducirse a un bó ritmo, sempre que non as dediques a facer tarefas de exército, de materias primas ou de construcción. É dicir, terás que decidir un equilibrio das funcións ás que dedicas aos teus súbditos.

O obxectivo obviamente é conquistar todas as illas e para iso terás que usar a forza bruta, pero tamén a diplomacia, podendo facer alianzas con outros deuses, que poden rompela á súa conveniencia. Ao final tampouco é que diplomacia sexa decisiva, porque a máquina é un pouco falsa, pero pode axudar en certas fases.

Un aspecto que me gustou moito é que vas avanzando nas idades do home, de tal xeito que varía tanto a estética dos edificios como as armas a empregar, chegando a usar bombas nucleares, escudos antimisiles e ovnis… A dificultade está ben axustada se ben cando chega a época da bombas nucleares é un pouco aleatorio e aí e onde a diplomacia axuda mentres se matan entre eles.

A última fase é un pouco descafeinada e non podes crear nada nin facer armas. Só loitar e por iso ten moita importancia a xente que deixaches para esta fase (o fastidiado é que non chegan todos os que deixaches).

Estéticametne non é moi alá o xogo, pois só ves trozos das illas de xeito estático e se tal podes ver aos teus soldados por aí a medidas que fas edificios ou atacas. Non obstante, tendo en conta as limitacións da época cumple ben. Destacar que si que está ben representada cada idade na que transcorre o xogo. No aspecto de son tampouco destaca demasiado nos FX pero a melodía aínda é xeitosa.

En fin, que é un moi bó xogo de estratexia en tempo real tendo en conta os escasos xogos que había para a Megadrive deste tipo. Se ben técnicamente non é moi alá, como era habitual por Sensible Software, gañaba moito coa súa xogabilidade sinxela e efectiva.

O mellor:

-Sinxelo e divertido

-Avanzar pola historia

O peor:

-Apartado técnico

-Esa portada.

Nota: 7

PD: este xogo está catalogado hoxe en día como abandanoware.

Rexogando: Sonic The Hedgehog & Sonic The Hedhehog 2

Xa levo xogado aos dous primeiros Sonic de Megadrive neste maratón que me vou meter de Sonic… en verdade xa levo algún máis como o Sonic 3 e Sonic & Knucles, pero voulle dar outra volta con Knucles que fai anos que non xogo co mesmo (e cando o xoguei non foi moito tempo pois era un xogo que tiña de emprestado) e tamén  finalicei o primeiroSonic de Master System. Pero centrareime de momento nos dous primeiros Sonic de Megadrive e non vou facer un análise propiamente, porque destesxogos hai moitos en gamefilia e moi bós, senón que comentarei impresións.

O Sonic foi o primeiro xogo da Megadrive ao que xoguei e dende entón quedoume marcado a lume ese looping concadrados marróns. Aínda que sempre me gustou o Sonic sempre me pareceraque o Supermario World, que tiña un primo meu, era superior: tiña infinidade de fases epermitía gardar as partidas. Agora que xa xoguei a ese Supermario Worldde Snes (ademais doutros como o de Gameboy e o de NES… ademais do NewSuper Mario Bros de Wii) estou rexogando a este Sonic xa con outros ollos.

É de dicir que segue parecéndome moito máis longo o Super Mario World e dicir o contrario sería mentir… pero xa non me parece moito máis interesante se non fora por esa duración, que obviamente supón un plus para un xogo e por iso se tivera que volver atrás e entre un Sonic e un Mario World escollería este último, porque naquela época como moito mercaba tres xogos ao ano e o Mario da para máis horas. Pero,dito isto creo que en moitos aspectos é superior o Sonic.

Así, éobvio que a velocidade en que se desenvolven as fases é increíblemente superior o Sonic, sendo o Mario máis sosegado (aínda que iso non é malo). Pero dinme conta que o tamaño das fases tamén son moito máis grandes as do Sonic, coaposibilidade ademais de poder escoller diversos camiños (tendo cada camiño avantaxes e prexuízos), cousa que no Mario non acontecía (salvo fases puntuais). Pero é que ademais no tema gráfico, escenarios e no colorido me gusta máis o Sonic. Así rexogar a Green Hill Zone fíxome me ver que este xogo leva moi ben o paso do tempo e que non perde técnicamente moito a pesar de ter case 20 anos de antigüedade… e en canto as melodías paréceme que aínda que si se nota algo o paso do tempo, se comporta moi ben. Pero é que non é só esa zona, senón tamén outras como a Marble Zone ou Scrap Brain Zone ou Labyrinth Zone.

Encanto ao sistema de xogo, se ben parece sinxelo (non nos enganemos o Mario tamén o é) cun único botón de salto e coa posibilidade de manter avida sempre que teñas un anel o certo é que divirte. Intentar conservaros aneis para conseguir entrar no bonus e así conseguir a esmeralda pode ser complicado en certaszonas, se ben nas primeiras zonas non é complexo… é máis da primeira zona saín xa cun bó feixe de vidas que me permitiu sobrevivir o resto doxogo sen complicacións (unhas 9-10 vidas na primeira Zona e dous continues) ás que se engadiron varias vidas e continues na Marble Zone. Despois a loitar para conseguir entrar no Bonus, xa que as burbuxas non se conservan dunha fase a outra. E as fases da auga lembraronme que ao principio lles tiña xenreira, pero despois como eran as únicas con ScrapBrain Zone que supoñían un reto pasaron a ser as miñas favoritas. E si,conseguín todas as esmeraldas e incluso as fases de bonus foron máis sinxelas do que lembraba.
Digamos que me quedei cun bó sabor de boca co Sonic The Hedhogh e comprendín porque foi todo un icono na súa época e por qué me gustaba tanto. E se bó sabor me deixou o Sonic 1, mellor me deixou o Sonic 2, que xa o lembraba como o mellor da saga de Megadrive e me reafirmo naactualidade despois de xogar aos tres.

Tecnicamente mellor, connovos movementos, cun supersonic, cunha gran variedade de fases…. simplemente xenial. salvo no escudo que é moi feo en comparación coa primeira parte. Lembro que cando xogaba cos meus irmáns tails era case unha comparsa, salvo para facer o traballo sucio cos xefes finais, pero polo menos podíamos xogar dous (ademais do modo versus que ten)… neste xogo hai mais loopings, máis velocidade e mais de todo. As fases son variadas e se ben todas comparten o mesmo esquema de xogo, presentansuficientes diferenzas entre elas para evitar caer na monotonía: dende aEmeral Hill Zone (como a primeira do Sonic 1), pasando pola rauda Chemical Plant Zone, ata a máis pausada e xenial Mistyc Cave Zone ou a Sky Chase Zone. Pero é que ademais os Bonus son os mellores e máis divertidos coas súas fases 3d. O novo movemento de Sonic se ben non supón ningunha ventaxa especial en moitas ocasións, axuda a subir certascostas e foi un acerto. Ademaisacentúase a dicotomía entre os diversos camiños posibeis, de tal xeito que ir por arriba supón que tes que ir algo máis despacio e ter máis habilidade, pero normalmente terás máis aneis que recoller, mentres que ir por abaixo permite ir máis rápido pero con máis trampas… a decisiónque tomes ten importancia porque agora os puntos dan vidas e continues ea puntuación depende dos aneis e do tempo, pero en todo caso a cantidade de camiños permite rexogalo varias veces.

Quizais a pega do xogo esteaque na primeira zona levas tal acumulación de vidas e esmeraldas (acabei con cinco esmeraldas na primeira zona e cunha barbaridade de vidas) que da para todo o xogo ao pouco que sexas algo hábil… e senón en Casino Night Zone podes encherte a coller vidas. Tamén conseguín todas as esmeraldas (aínda que tails molesta máis que axuda) e despois con supersonic a tirar millas…. pero dinme conta que ata aquí conseguiron que non fose un paseo: manexar a supersonic (aínda me lembrode cando o descubrín por primeira vez) e algo complexo pois é moi liviano e costa calcular os saltos o cal nalgunha fase como Wing FortresZone é case unha desventaxa, co cal cando me fartei de perder vidas o que fixen foi agardar a que o contador dos aneis volvera a 0 e ser Sonicnormal.

Aínda co Supersonic, é un xogo máis difícil (e máis senel) ca primeira parte e o xefe final é bastante máis difícil que o da primeira parte, pero tamén se pode conel se aprendes asrutinas.

Por outra banda, en ningún dos xogos se permite gardar polo que a súa duración está moi condicionada por ese elemento, polo que poden ser algo curtos, en especial o primeiro. De todos xeitos, Sonic 2 ten un bó número de fases e polo xeral nas primeiras partidas terá unha duración aceptable (agora ben, tamén permite acabalo rápido se máis ou menos controlas as fases) e ten a opción de versus que é bastante divertidase compites con alguén que saiba xogar, claro está. E despois está a existencia de varios camiños posibeis o que permitirá  rexogalo varias veces.

En resumo: quedei cun bó sabor de boca con estes dous primeiros sonic de Megadrive.De feito o Sonic 2 é un dos meus xogos favoritos da Megadrive e dentro dos xéneros de plataformas tamén está dentro dos mellores, e incluso en canto xogo o prefiro aos Marios (Supermario World ou Mario 3)… unha mágoa que non tivera máis fases.
PD: nalgún caso tiro de emulador… como podedes supoñer

The Lion King: análise

Algocheira a podrido na selva! O clásico William Sheakspeare Hamlet deu lugar a outro clásico, pero esta vez de Disney: O Rei León. Porque si, oRey León está baseada (hoxe diriamos que é un remake) en Hamlet inclusohai frases textuais na película. En fin que non me vou ocupar tanto da película (posiblemente a que máis me gusta de Disney xunto con Aladdin eO Libro da Selva) senón que falarei do xogo ao que deu lugar nas consolas de 16 bit, en particular na Megadrive que é ao que xoguei.

Disneyademais de boas películas, tamén facía bós xogos, dende o Castle os Illusion ou Aladdin. E tamén está incluido O Rei León co traballo de Westwood Studios e con Virgin comodistrubuidora. Saiu alá polo ano 1994 este xogo e o primeiro que hai que dicir é que creo que foi un dos xogos máis caros que lembro, xunto co Virtua Racing: sobre as 12.000 pesetas (que a día de hoxe serían arredor de 115 euros). Pero atracos aparte, se trata dun gran xogo que segue a senda de Aladdin, aínda que creo que queda un pouco por debaixo.

Graficamenteé un xogo que raia a grande altura, ao fin e o cabo é dun deses cartuchos de 24 megas que só as grandes produccións acadaban. Simba estáperfectamente deseñado tanto de pequeno como de maior (de maior é verdade que cando salta no sitio é algo mellorábel) e conta con grandes animacións. En xeral todos os inimigos e elementos do xogo están moi benanimados. Os escenarios están ben logrados, en especial a segunda fase coas xirafas e rinocerontes como elementos a utilizar nos escenarios; existe unha mistura de fases con máis luz e outras máis escuras o can dan unha sensación de variedade nos escenarios. Tamén hai que mencionar en especial a cuarta fase: a estampida, que da bastante o pego como unhafase 3d (se ben se observan as limitacións propias da consola nótase que está bastante ben lograda a fase).


En canto as melodías, baseándose na BSO da película o resultado non podía ser outro que lograr unha das mellores BSO da Megadrive, sempre tendo en conta as limitacións técnicas. Así serán recoñecibles varias melodías da película, se ben Hakuna Matata está só a melodía e non cantada… unha mágoa porque é o que lle falta. Respecto aos son FX tamén se nota que Disney presentou un bó traballo e de calidade, están moi logrado dende os ruxidos de Simba (diferenciado de cachorro e de adulto), ata a caída dos saltos, as hienas, as panteras e os diversos elementos dos escenarios. De destacar que incluso hai un diálogo da película, na primeira fase adulta de Simba, ademáis de diversas voces durante o xogo.
A mecánica do xogo é a dun plataformas normal, se ben hai un pouco de diferencia entre as fases de Simba cachorro e as de Simba adulto, o cal axuda tamén a dar maior variedade ao xogo. Con Simba cachorro só poderássaltar e ruxir para asustar a certos inimigos menores como os porcos espiños para facilitar saltar enriba deles… como norma xeral poderás matar inimigos saltando sobre as súas costas pero salvo algunha hiena o normal é que non sexa necesario matar a ninguén e teñas que avanzar nas distintas plataformas que están bastante ben resoltas. Hai unha fase especial, a estampida, onde non é de visión lateral senón que a cámara está diante túa coa estampida detrás, de tal xeito que terás que esquivar as embestidas e as pedras que hai polo camiño… esta fase cando a xoguei pareceume espectacular. Con Simba adulto hai máis acción,xa que ademais podes atacar coas túas zarpas e incluso lanzar aos inimigos, pero as plataformas seguirán sendo o principal elemento. Un aspecto a destacar é que con certos obxectos (bichos) podes mellorar tanto o teu ruxido como a túa vida. Despois hai dous tipos de fases bonus: un tipo de fase con Pumba recollendo bichos que caen dende arribasen que che poidan caer e que é o que máis me gusta, e outro tipo de fase con Timón recollendo os bichos nun escenario e que é algo máis soso.

O xogo é divertido e ameno, pero ten un dos problemas que ten é que algocurto, pero ese é un problema bastante xeral na época. Se ben os escenarios non son demasiados curtos, o certo é que dez niveis son algo escasos e o xogo pode durar menos dunha hora… pero claro hai que ter en conta que naquela época non era habitual que os xogos permitiran gardar as partidas e este tampouco co o feito de ter vidas limitadas e superar todas as fases de golpe facía que o xogo tivera unha maior duración pero non excesiva, xa que non conta coa dificultade tan alta como Earthwornm Jim ou Aladdin; se ben algunha fase pode ser algo complicada, o xogo en xeral non o é. Nen tan sequera en dificultade máxima supon un reto.

A conclusión é que é un gran xogo, dos mellores da Megadrive aos que xoguei, pero o prezo que tiñas naquela época creo que era algo máis que excesivo… pero cando o xoguei só tiven boas sensacións, pero recoñecendo que todavía é algo inferior a Aladdin, tamén de Disney.

O mellor

-En canto ao nivel técnico é do mellor da Megadrive.
-Variedade entre Simba cachorro e Simba adulto.

O peor

-Escasa duración
-Dificultade baixa

Valoración: 8

Proxecto Sonic: introdución

 

 

 

Acaba de saír o Sonic 4 recuperando o sistema clásico da xogabilidade da mascota (tan maltratada) de Sega. Aínda non o probei pero non tardarei en facelo. Non obstante, como teño así un ataque de frikismo (lembrade que en son un dos que comezou polas consolas de Sega) decidín que antes de xogar ao Sonic 4 comezarei a xogar a saga enteira dos Sonic en 2D (os 3d non me tiran moito.. en especial o 3d blast que sempre me pareceu horríbel) de novo, xa que hai varios anos que non os xogo.

Pero non me limitarei só aos xogo de Megadrive, senón que tamén xogarei aos de Master System e Gamegear (que son varios) así como ao de MegaCD.

Así cando chegue ao Sonic 4 pode pasar algunha das seguinte opcións:

-Xa estarei farto de xogar aos Sonics polo que pagar 15 euros máis pódeme tocar moito a moral e nin o intente.

-Aínda que farto deles intente xogar ao Sonic 4 só por orgullo e diga punto final.

-Que siga enganchado aos Sonic e que incluso me faga algúns Sonic feitos por fans (hai un de Sonic Fan Remix que probei que me parece espectacular)

– Que abandone o proxecto ante o risco de perturbación mental.

Os xogos irei xogandoos pouco a pouco, pero agardo que nun mes ou así remate (pero pode ser máis).

 

PD: de todos xeitos esta semana agardo facer unha entrada distinta

 

Homebrew Wii II: emuladores

 
 
Xa falei de algúns xogos caseiros dispoñibeis para oHomebrew Channel da Wii e que despois ampliei con algún máis. Agora quero falar dos emuladores dispoñibeis para dito Homebrew Channel e quedará para unha posterior entrada outras aplicacións interesantes (Wiimc, Wiixplorer, etc). Pero centrándome nos emuladores hai que indicar que hai unha barbaridade de emuladores dispoñibeis e que se queredes ver todos podedeis á seguinte páxina: http://wiibrew.org/wiki/List_of_homebrew_emulators.Non teño pensado falar de todos eles, senón dos que eu considero máis interesantes dentro da miña subxectividade; por resumir, non falarei de todos, só dos que me pete. A mairíados emuladores que direi son totalmente funcionais e corren dentro da Wii dun xeito bastante aceptábel, aínda que haberá excepcións. Non vou explicar tampouco onde vai cada unha das cousas na SD pero se alguén tendúbidas que pregunte (por exemplo onde colocar os trucos). En fin que comezo:

NINTENDO

-FCE ULTRA GX/ Emulador da NES: é un port do FCEU que Tantric trae para a Wii cunha gran interface, que aproveita as posibilidades do punteiro da Wii e que presenta distintas opcións de configuración. Así para comezar permite regular o video, o son e outros aspectos, pero creo que é máis interesante indicar que acepta todos os mandos da Wii en calquera combinación: só wiimote, wiimote máis nunchuk,mando clásico ou de Gamecube e detectando automáticamente cal estás usando, incluso se cambias o tipo de mando (por exemplo de wiimote a wiimote e nunchuk) e cunha configuración estándar optimizada, aínda que se estás disconforme semprepodes cambiala. Ademais permite cargar as roms tanto dende unha tarxetaSD ou SDHC, como a través dos portos USB (na actualidade usa o IOS 58 para acceder a USB pero en distintas versións anteriores usaba o 202), dende un disco ou incluso a través de SMB (ou samba que resumidamente permite cargar as roms que teñas no teu PC). Respecto a compatibilidade aínda non tiven problemas con ningunha rom e pódese dicir que funciona perfectamente e ademais os formatos de romsque acepta son os de iNes, FDS, VS, UNIF, NSF e incluso Zip e 7z (aíndaque estes dous últimos formatos non os comprobei). Tamén acepta trucos (extensión en .cht) e soporta de xeito automáticos os parches tipo IPS/UPS. Por outra banda permite xogar ata catro xogadores. Obviamente permite gardar partidas e pantallas (states). Aínda que non permite cargar carátulas, existe un mod non oficial que si o permite (e se buscades por diversos foros o por google atoparédelo sen problemas).

  
 

-SNES9xGX/ Emulador deSUPERNES: é un port de SNES9x que tamén trae Tantric (normalmente os emuladores de Tantric de NES, SUPERNES e GBA saen á vez e son similares). Practicamente todo o referido a opcións, mandos, carga vía SD, SDHC, DVD, USB, SMB Zip e 7z, trucos e parcheadores é o mesmo que o dito para FCE ULTRA GX. Realmente a diferenza está en que é emulador de supernintendo e non de nes. Tamén funciona perfectamente con todas as roms que probei. Como no FCEU GX hai unha versión non oficial con carátulas que podedes descargar dende o proprio wiibrew.org (ao final doemulador se inclúen as versións non oficiais.

 
 
 
 
-VISUAL BOY ADVANCE GX/ Emulador de GAME BOY ADVANCE/GAME BOY COLOR/GAME BOY: baseado no VBA-M Rev. 927 Tantric completa así os seus emuladores de Nintendo coas portátiles, que permite todas as variantes de Game Boy. Aínda que para a Game Boy hai algún otro emulador, este é o máis completo. Funciona practicamente perfecto e con total compatibilidade e remítome a todo o dito para o FCEU GX en todo ao común nos emuladores deTantric para a Wii.

http://code.google.com/p/vba-wii/

 
 
-WII64/ Emulador de NINTENDO 64: baseado no Mupen64 está portado para a Wii polo equipo de Wii64 Team (tephola, emu_kidid e sepp256). Todavía está en fase beta 1.1 (versión Honey) se ben este equipo non saca revisións cada poucotempo, pero cando o fai nótase un grande avance e esta beta é bastante completa. Comezando pola súa interfaz tamén aproveita o mando de Wii e ten un interfaz agradábel e sinxela e non terás moito problemas en configurar como queiras o emulador se ben o único que debes ter en contaque é na opción de current rom onde podes gardar a partida e os snapshots. En canto as súas características hai que dicir que todavía non van todos os xogos e nalgún dos que vai ás veces se colga e outros van lentos… pero dito isto a maioría van bastante ben ou de xeito aceptábel; se unha rom non vos vai en dynarec (que é onde van mellor os xogos) probade a usar Pure Interpreter, porque perderá algo de velocidade pero hai máis posibilidades de compatibilidade. Ademais acepta xogos que usen a expansion Pak e ten soporte para roms de 512 Mbit, permite configurar a pantalla e incluso a vibración. Admite as roms en SD, DVD ou USB aínda que a versión oficialnon ten soporte de USB 2.0 pero hai versións non oficiais que si o teñen co CIOS 202 ou IOS 58. Por outra parte, admite todas as combinacións dos mandos posibeis e incluso configurar o mando ao teu gusto… e si os Zeldas van ben, incluso os parcheados.
 
 
-DESMUME WII/ Emulador de NINTENDO DS: baseado no desmume 0.95 (e están intentando reescribilo para adaptarse ao 0.96) é case un empeño iniciadopor Arikado, aínda que tamén están Dancinninja, Scanff, baby.lueshi e firnis. A versión r. 200 xa admite GX e nótase unha mellora gráfica bastante con esta opción. Polo demais carece dun menú con interfaz (só apantalla negra coa opción de gráficos GX e a carga da rom) se ben parece que cando rematen a tarea de adecualo a desmume 0.96 introduciránun. En canto á emulación todavía ten que mellorar, se ben moitos xogos son xogábels, aínda que o normal é que vaian algo lento, pero aceptábel (pero varía segundo o xogo); hai roms quenon irán, xa aviso e os que son de idioma multi irán en inglés por defecto. Podes cargar as roms dende SD ou USB e non permite gardar os states (ou eu non sei como se fai). Para xogar correcamente necesitas mando clásico (para os botóns da DS) co wiimote (para emular o punteiro). É posíbel que non acaben por ir todas as roms, pero os progresos deste emulador fanme ser optimista.
 
 
 
SEGA

-SMSPLUS/Emulador de MASTER SYSTEM/GAME GEAR: a versión de Wii tráena Eke-eke que se basea no de Gamecube baseado a súa vez no de Charles Mcdonald. Admite a carga de roms dende a SD ou dende un DVD+R, se ben necesitas ter DVDX na Wii (nas últimas versións do Hackmii Installer xa non se inclúen) e xa hai unha versión non oficial GX que admite dende USB. Permite configurar o video (permitindo 480p e uso de filtros) e son entre outros aspectos. Un aspecto negativo é que os menús non admiten o uso de punteiro esó por pad. Permite cargar roms tanto de Gamegear como de Master System(xa saberás que en verdade incluso na realidade a Game Gear permitía cargar xogos de Master System cun adaptador) e funcionan perfectamente as roms, incluso dende zip, salvo a de Sonic 2 que me da code dump. Permite gardar estados de partidas, acepta todos os mandos e admite gamegenie.

 
 
-GENESIS PLUS/ Emulador de MEGADRIVE: tamén o trae Eke-eke dun port do de Mcdonald. A versión oficial é como a SMSPLUS, se ben a versión GX (oficialmente non publicada se ben compilada en base asfontes) ademais de permitir cargar por USB ten unha interface nova que permite utilizar o punteiro do wiimote. Permite ata catro xogadores e incluso permite os xogos de chip FX como Virtua Racing. Tamén soporta Game Genie (se ben na GX non me van) e todo tipo de mando, ademais das configuracións de video e demais. As roms por outra banda van de xeito perfecto. Aspecto negativo é que nonpermite cargar nin roms de 32X nin de Mega CD e a súa incorporación noné prioritaria.
 

-YABAUSE WII/ Emulador de SATURN: baseado no emulador Yabause (que non é o que máis compatibilidade presenta) todavíaestá nunha beta bastante verde: os xogos que van (moitos non van) normalmente van dun xeito lento, aínda que algunha excepción hai; é recomendábel usar Bios porque senón é moi raro que vaia o xogo; en fin que non vos fagades moitas ilusións de momento que non vai moi ben este emulador. As roms teñen que ir en formato bin/cue ou Img na SD, SDHC ou USB. Permite gravar e cargar states. En canto a mandos admite o de gamecube, clásico ou wiimote.

 

SONY

WIISX/Emulador de PLAYSTATION: baseados principalmente no emulador de PCSX é outro emulador traído por Wii64 Team e que normalmente se publican as novas versións despois das novas versións do de Wii64. Está na versión beta 2.1 epracticamente o menú é igual que o de Wii64 e incluso se pode dicir queen canto a compatibilidade está na mesma situación (aínda que creo que está un pouco peor, en xeral está bastante aceptábel). Novedades nos menús con respecto ao de Wii64 está a opción de cargar Bios (se tes biosNtsc e bios pal detectará automáticamente segundo sexa o xogo) que é altamente recomendábel pois sen Bios normalmente os xogos irán mal e pouco máis pois sigue permitindo cargar por SD ou USB (hai versión modificada con CIOS 202 e IOS 58), acepta wiimote, nunchuk, mando clásico e de game cube, permite configurar o mapeado dos botóns, etc. Conclusión: é un emulador bastante aceptábel. Unha cousa a ter en conta éque aínda non coñezo ningún forwader compatíbel con este emulador.

 


SNK

GXGEO/Emulador de Neo Geo: baseado no GnGeo é un port traído por Bizzo eque se quedou na versión 0.5… non ten interfaz (é dicir só a pantallanegra para escoller xogo) e só admite cargar xogos da SD. Admite todo tipo de mandos, se ben é recomendábel o de gamecube. En canto ao funcionamento dos xogos pódese dicir que van bastante ben (por certo é necesario Bios, se ben acepta a Uni-Bios en vez da Bios de cada rexión),se ben os xogos de máis de 24 megas non funcionarán.
 


NEOPOP/ Emulador de Neo Geo Pocquet: baseado no Neopop SDL é traballo deEke-eke e Askot. Ten os mesmos menús que o de SMSPLUS. Permite cargar xogos de SD ou DVD. Tampouco vale a pena explicar máis que esta consola pasou con máis pena que gloria.

MAME

SDLMAME/Emulador de MAME (recreativas): baseado no SDLMame project. Funciona relativamente ben nun bó número de roms, aínda que hai todavía algún defecto. Ten unha interfaz algo complicada ao inicio e non aproveita o punteiro da Wii. As cargas das roms pequenas van ben, pero se é algo grande parece (aínda non me pasou) que pode tardar algo (din que ata unha hora ¿?). A mellor opción para xogar é o mando de gamecube pero o wiimote tamén o acepta (non sei se o clásico… parecerá raro pero aínda non se me deu po probalo). En xeral pódese dicir que é un emulador bastante aceptábel.
 


OUTROS

Hai máis pero como nos os probei se tal quedan para outra ocasión, en especial o ScummVM, HU-GO GX e Atari 2600. Un saúdo